Arqueoloxía

Unha visita ao pasado arqueolóxico

Gozar da arqueoloxía en Vigo? Se, é posible. Vigo é unha das cidades de Galicia máis ricas en canto a achados arqueolóxicos, en cantidade (máis de 150 xacementos) e variedade, con restos datados entre o Paleolítico e a Idade Media de diferentes tipoloxías: asentamentos castrexos, petróglifos, arquitectura civil de era romana…

No entanto, non sempre é sinxelo atopalos in situ sen ir acompañado dun guía experto, xa que están diseminados por todo o municipio, en diferentes parroquias e parques forestais de Vigo: exemplos como os petróglifos de Coruxo, o conxunto etnográfico de Estea no Parque Forestal de Saiáns, ou o dolmen de Casa dos Mouros en Candeán son quizais máis fáciles de localizar nunha visita ao Vigo máis natural.

Para sacar todo o partido á túa viaxe, recomendámosche a visita a 3 xacementos arqueolóxicos en Vigo xa musealizados, onde poderás aprender e gozar sen complicacións dun paseo pola arqueoloxía de Vigo.