Mercado de O Berbés
Antes de existir o mercado de abastos do Berbés, un dos máis antigos de Vigo, as vendas facíanse ao aire libre, en plena praza. Pero o mercado da Praza dos Ratos, que así se chamaba O Berbés, deixou de existir en 1966, tras inaugurarse a praza actual. Naquela época formaba parte da Ribeira do Berbés, onde desde facía máis de cen anos se vendía pescado; no século XIX, o mar chegaba ata os soportais e este era o único mercado de pescado que existía en Vigo, xunto ao da rúa Peixaría, que hoxe é a Rúa das Ostras.
Pasaron case dous séculos, pero O Berbés segue destacando polos seus peixes e mariscos, aínda que os novos tempos trouxeron con eles postos de carne, froitas e verduras, pan, flores…
Desde O Berbés podes acceder pola rúa Teófilo Llorente directamente ao barrio histórico. Se se che abriu o apetito despois de percorrer o mercado, nesta mesma rúa tes varios restaurantes e taperías.
Información práctica
-
Plza. de O Berbés
Asociación de Comerciantes de la Praza do Berbés
C/ Cánovas del Castillo, 2
Teléfono: 986 228 584