Vigo cidade pesqueira
Indagar nos segredos da lonxa
Vigo é a cidade da pesca en Galicia. A actividade pesqueira xera en Vigo, só a través do porto, 6.000 empregos directos, e as 357 empresas pesqueiras da cidade facturan máis de 3.000 millóns de euros cada ano. Está claro que nos gusta o peixe, verdade? E se a ti che gusta tanto como a nós, o máis seguro é que comeras ducias de veces algún procedente do porto de Vigo: aquí é onde se descarga máis peixe fresco de toda Europa.
Vigo é, ademais, unha das poucas cidades onde poderás vivir de preto todo o proceso da pesca e os seus produtos: desde os estaleiros, onde se constrúen os grandes barcos, á descarga, na impresionante lonxa de Vigo, un enorme edificio que cobra vida mentres o resto da cidade dorme, de madrugada.
Consulta na Autoridade Portuaria a posibilidade de realizar visitas para grupos na Lonxa de Vigo e seguir en directo unha das súas apaixonantes poxas de peixe fresco. É unha experiencia que xamais esquecerás.
Información práctica
-
Autoridad Portuaria de Vigo
-
Pza. da Estrela, 1
-
Teléfono:986 268 000
-
Correo electrónico: