Música e espectáculos en Vigo
Música e espectáculos en Vigo non che van faltar nin un só día: folk, rock, experimental, teatro alternativo, danza clásica, espectáculos infantís e grandes obras en xira… Vigo é unha cidade dinámica, de gran tradición artística e, especialmente, musical na que sempre encontrarás algún plan que vaia contigo.
En Vigo, hai 7 grandes recintos de concertos e espectáculos e unha infinidade de locais de música en directo repartidos por toda a cidade con programación musical fixa, normalmente de xoves a sábado. Só tes que elixir!
Consulta a nosa axenda de ocio en Vigo para ver as propostas e eventos recomendados.