Museo Verbum
A casa das palabras xunto ao mar
O Museo Verbum de Vigo, tamén chamado Casa das Palabras, é un dos más abraiantes: recoñecerás a súa silueta de liñas limpas en canto chegues á Praia de Samil, onde se localiza este moderno centro cultural de Vigo, proxectado polo arquitecto galego César Portela. O Verbum é un museo interactivo que permite experimentar e coñecer, a través de xogos, todo o relacionado coas linguaxes, os idiomas, as palabras, as letras, os sons, os signos… En definitiva, todas as formas de expresión da comunicación humana.
O museo organízase en 29 cubos que conteñen un total de 81 módulos, nos que desenvolven as distintas temáticas do museo: linguaxe, ciencia, literatura e tecnoloxía. Ademais o museo organiza actividades interactivas destinadas a escolares, asociacións, familias, etc.
Información práctica
-
Avda. de Samil 17
-
Teléfono:986 240 130
-
Correo electrónico: