Mercado do Calvario
O Calvario, unha zona de carácter obreiro na parroquia de Lavadores, comezou a converterse na arteria singular que hoxe é a finais do século XIX, grazas ao tranvía, que usaban os traballadores para ir traballar aos estaleiros de Beiramar. O mercado, que se inaugurou na década dos 20 do século pasado foi o froito desa puxanza, e co tempo converteuse nun dos sinais identidade da zona. Enclavado en plena rúa peonil, nunha das zonas de compras con máis vida de Vigo, este mercado é bulicioso e divertido, e unha boa escusa para achegarte a coñecer unha cara máis de Vigo.
Aproveita o teu paseo polo Calvario para gozar do aperitivo nunha das cafetarías de sempre, ou para achegarte a coñecer a Igrexa “dos picos”. Sorprenderate a súa estrutura e luminosidade.
Información práctica
Asociación de Comerciantes del Mercado de O Calvario
C/ Urzáiz, 183
Teléfono: 986 252 682