Club Liceo Marítimo de Bouzas

Coñece o histórico Liceo de Bouzas

O Liceo Marítimo de Bouzas é outro dos históricos portos deportivos de Vigo. Destaca especialmente pola súa localización, na costa sur da ría de Vigo, onde segue sendo un elemento capital da vida social e cultural da vila mariñeira que o acolle: o barrio de Bouzas.

No porto deportivo Club Liceo Marítimo de Bouzas encontrarás á túa disposición todo o que necesitas para gozar con garantías dunha viaxe náutica a Vigo: servizo de mariñeiría 24 horas para embarcacións, traslado gratuíto desde o fondeadoiro ás instalacións de terra do porto, 168 prazas de amarre con auga e electricidade, 95 cadeas de fondeo, unha rampla para varadas, vestiarios e taller de reparacións.

Pistas e recomendacións: 

Aínda que non pertence ao Club, dentro da dársena de Bouzas existe unha completa gasolineira de mar na que poderás encher o depósito coa túa embarcación.

Aproveita a túa parada náutica en Bouzas para descubrir todo o que pode ofrecerte este barrio mariñeiro de Vigo: tendas, mercado de abastos… e exquisitos restaurantes típicos, perfectos para un aperitivo antes de saír a navegar pola ría de Vigo.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo

Información práctica

Horarios: 

OFICINA: de 9:00 a 13:00h e de 16:00 a 20:00h