Castrelos
Un barrio cheo de vida; do parque a estadio
Castrelos alberga o maior parque urbano de Vigo, do que recibe o seu nome e que hai séculos eran os terreos que rodeaban o pazo dos condes de Valladares. Ademais do pracer de pasear polas súas sendas, algunhas xunto ao río Lagares, o parque alberga o Pazo-Museo Quiñones de León, o lugar favorito dos vigueses para celebrar o seus enlaces civís (sempre hai lista de agarda). O pazo está rodeado de belísimos xardíns que invitan a deixarse levar pola súa maxia. Non os perdas; ao pé das fiestras do pazo verás o xardín racionalista francés, e na parte baixa internaraste en pleno romanticismo inglés.
Tamén podes visitar o Estadio de Balaídos, para gozar dun partido de primeira división.
Ademais, no barrio de Castrelos atópase o Cemiterio de Pereiró, un lugar curioso para visitar: hai monumentos fúnebres notables a nivel escultórico, e tamén pola relevancia das persoas alí enterradas, como a escritora e activista social Concepción Arenal.
En verano, o Concello organiza concertos gratuítos no impresionante auditorio ao aire libre de Castrelos, un dos escenarios máis impresionantes de España. Incluso sen concerto, sentarse nas gradas é unha experiencia deliciosa.
O tramo do río Lagares que pasa por Castrelos é dos máis populares da Senda Azul, que te levará ata as praias seguindo o río.
Outra das cousas que non debes perderte é unha visita á igrexa románica de Castrelos, que data de 1216.
Información práctica
Habitantes: 7.972