Bandas de música
Un mar de bandas musicais
As bandas de música tradicional en Vigo son toda unha institución. En Vigo gústanos a música! Temos unha decena de bandas musicais agrupadas na Federación de Bandas de Música Popular de Vigo, un certame anual ao que asisten cada Nadal bandas de toda Galicia e unha infinidade de orquestras tradicionais repartidas por toda a cidade.
As bandas musicais de Vigo teñen un denominador común moi claro: o seu barrio ou parroquia. Son os centros culturais e sociais los que as promoven e manteñen:
AGRUPACIÓN MUSICAL DA SCD. ATLÁNTIDA DE MATAMÁ
UNIÓN MUSICAL DE VALLADARES
BANDA ESCOLA DE MÚSICA DE BEADE
UNIÓN MUSICAL DE CORUXO
LIRA DE SAN MIGUEL DE OIA
UNIÓN MUSICAL DE CABRAL
ESCOLA DE MÚSICA DA UVCD DE CANDEÁN
ATENEO MUSICAL DE BEMBRIVE
AS DELICIAS DO CAEIRO
Consulta a programación de concertos de bandas de música en Vigo.
Na páxina web da Federación Galega de Bandas de Música Populares podes escoitar gravacións destas bandas, e doutras moitas de Galicia… Aínda que non hai nada como gozalas en directo nalgunha das festas populares de Vigo!