UN CONCERTO AO AIRE LIBRE EN CASTRELOS

Turismo de Vigo

Os concertos en Castrelos son únicos: se tes a sorte de que a túa estancia en Vigo coincida cunha noite de concerto no Auditorio de Castrelos, nin o penses, vai!

Castrelos é o único auditorio ao aire libre de Vigo, un lugar máxico. Está situado en pleno Parque de Castrelos e ten unha parte de pago con aforo para unhas 5.000 persoas, pero detrás deste enorme foso hai gradas de acceso gratuíto para máis de 10.000 persoas.

O Auditorio de Castrelos recibiu a Oasis, Metallica, Leonard Cohen, Franz Ferdinand o Maná , entre unha longuísima lista de artistas internacionais. Algúns, como Mike Oldfield, namoráronse deste auditorio de tal forma que, aínda viñan a tocar a outro escenario, cambiaron de plans e deron o seu concerto neste fermoso recinto, que imita os teatros romanos.

Programa Castrelos 2026

  • Deep Purple — 2 de xullo
  • Espectáculo infantil O Polo Pepe — 6 de xullo
  • Molotov — 16 de xullo
  • Coral Casablanca — 18 de xullo
  • Espectáculo infantil O Traxe Novo do Emperador — 20 de xullo
  • Ópera Carmen — 24 de xullo
  • Chayanne — 30 de xullo
  • Noites de Zarzuela — 1 de agosto
  • Espectáculo infantil O Pallaso Tallarín — 3 de agosto
  • Abraham Mateo — 7 de agosto
  • Ópera Nabucco — 9 de agosto
  • The Corrs — 11 de agosto
  • Viva Suecia — 14 de agosto
  • Iván Ferreiro — 15 de agosto
  • Fnac Live — 16 de agosto

Entradas: https://vigoenfestas.cliqueo.es/es

Pistas e recomendacións:

No  Parque de Castrelos, tamén encontrarás o Pazo-Museo Quiñones de León e tes á túa disposición varios xardíns e sendas para pasear.