Sala de exposicións CC Afundación

Goza da cultura nun edificio emblemático

O Centro Cultural Afundación foi o referente cultural máis importante de Vigo, ao que axudaron as súas magníficas instalacións: ten teatro, auditorio e sala de exposicións polo que, durante anos, foi o único escenario capaz de acoller todos os concertos de música clásica e as obras de teatro que chegaban a Vigo.

O edificio, de elegante estilo modernista, é un dos emblemas da arquitectura de Vigo. Proxectado polo arquitecto Antonio Palacios, hoxe sigue sendo unha das referencias culturais de Vigo, e sen dúbida o centro cultural que conserva o encanto máis clásico.

A sala de exposicións alberga unhas 10 mostras ao ano, accédese pola rúa Reconquista, unha das laterais. Consulta a programación do Centro Cultural Afundación.

Pistas e recomendacións: 

Sube ao último piso do edificio e descubre as vistas da ría desde a fabulosa galería da biblioteca.

Información práctica