BAUTISMO DE MAR... CON PÍCAROS
venres, 19 Abril 2019
Que os teus fillos non coñecen o mar e non navegastes nunca? A máis meridional das Rías Baixas conta con excelentes condicións naturais para a navegación ou a práctica de deportes náuticos e ofrece unha paisaxe tan fermosa que vos enfeitizará.
En Vigo, durante todos os días do ano, podes navegar de forma cómoda e segura: os transbordadores, que cruzan a ría moitas veces ao día, ofrécenvos a oportunidade de recibir o voso bautismo de mar.
E antes de embarcar, no Centro de Interpretación de Vigo e a súa ríacoñeceredes o pasado de Vigo, mergullándovos en historias de mareas, batallas, tesouros, piratas, submarinos, lobos de mar, corvos mariños e golfiños... Xa no barco veredes as Illas Cíes e a ponte de Rande e, si tedes sorte, os golfiños brincarán xunto á proa e pasaredes preto das bateas para o cultivo do famoso mexillón galego, que despois, ao desembarcar, poderedes degustar en calquera taberna mariñeira do barrio histórico ou de Bouzas.
Descubriredes por qué a Vigo non se vai, ¡vólvese sempre!