Churruca

A ruta nocturna de Vigo máis independente

En Churruca a noite de Vigo vístese de rock e indie. Esta zona de marcha de Vigo debe o seu nome a unha das súas rúas principais e é un edén para os amantes da música en directo. Clubs míticos de rock e novas salas de concertos ou cafés que son auténticos puntos de encontro, pubs coloristas fundados por lendas da música local ou incluso galerías independentes.

A noite empeza en Churruca co afterwork, a partir das oito da tarde: tes varios locais onde tomar unhas cañas ou uns viños cos teus amigos. Ou, antes da primeira copa, escoller un café onde repousar a cena.

A partir da media noite, o complicado é irse a durmir: consulta a programación dos locais da zona, sempre hai algún concerto, festa ou sesión DJ. Logo, escolle entre decenas de bares de copas. Hainos de reggae, de rock bravú, de música independente, de funk, de música electrónica… e sobre todo pop e rock.

Pistas e recomendacións: 

A zona indie de Vigo está dividida pola rúa Cervantes. Desde o cruce con Churruca, pasea polas calles Rogelio Abalde, Irmandiños ou Martín Códax, baixa ata Afonso XIII e rodea a igrexa de Santiago de Vigo.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo