Museo do Mar de Galicia
Coñece a historia pesqueira no Museo do Mar
O Museo do Mar de Galicia ten unha das máis completas exposicións permanentes de Vigo, que combina con mostras temporais, sempre relacionadas co mundo do mar e a pesca. Nel poderás coñecer toda a historia da actividade pesqueira de Vigo: pesca, marisqueo, acuicultura e os métodos de conservación, desde a primitiva salgadura ata o moderno conxelado, pasando polos avances técnicos nas embarcacións ou a bioloxía mariña.
O arquitecto italiano Aldo Rossi visualizou, desde o esqueleto da vella fábrica de Conservas de Alcabre (reutilizada despois como matadoiro municipal), o continente do fermoso museo, pero morreu mentres o convertía en realidade e o galego César Portela terminou a obra: unha auténtica marabilla arquitectónica que paga a pena visitar aínda que só sexa para perderse nas súas vertixinosas liñas triangulares.
No acuario do museo poderás observar os principais ecosistemas que se atopan entre o propio peirao do Museo e a costa acantilada das Illas Cíes.
Mentres tomas algo na taberna do Museo do Mar poderás contemplar o xacemento castrexo que se pode visitar na zona.
Información práctica
-
Avda Atlántida, 160
-
Teléfono:986 247 750
-
Fax:986 247 748
-
Correo electrónico: