Parque Forestal de Bembrive
Percorre o parque forestal de Bembrive
Percorre o parque forestal de Bembrive
Goza dunha escapada de turismo activo a Vigo visitando o parque forestal de Bembrive: un contorno natural único de case 100.000 m² cunha das mellores dotacións de todos os parques vigueses. Bar, restaurante, fontes, grellas… e monte, moitísima montaña para camiñar e relaxarte en plena natureza.
Pistas e recomendacións:
Pregunta na zona polos furanchos e fai unha parada para degustar o viño novo de casa.
Información práctica
Ubicación: Bembrive
Superficie: 99.710m2
Servizos: bar, restaurante, fonte, miradoiro, servizos sanitarios, teléfono público e barbacoas.
Acceso: pola avda. de Madrid, tomando a saída 663 (Cabral - Cidade Universitaria), séguese pola estrada que vai cara ao Rebullón.