O Calvario
Slow-shopping no Calvario
O centro comercial aberto do Calvario, na parroquia de Lavadores, aglutina a todos os comerciantes dalgunhas das rúas máis populosas de Vigo. Está presidido polo bulicioso mercado de abastos do Calvario, unha das prazas preferidas dos vigueses para a compra dos seus produtos frescos.
A diferenza doutros máis céntricos, neste barrio consérvase o aire do comercio tradicional: encontrarás, xunto ás marcas máis modernas, pequenas tendas de toda a vida en rúas polas que pasear relaxadamente, con agradables escalas nas súas cafeterías de sempre, onde pararse a gozar do aperitivo xunto aos veciños.
A zona peonil do Calvario é o centro da vida do barrio, das compras feitas con tempo e das conversas de rúa. Paga a pena achegarse tan só por descubrir a vida dun dos máis buliciosos barrios de Vigo en plena gran cidade.
Información práctica
-
Asociación de Comerciantes do Calvario
-
San Roque, 109
-
Teléfono:986 274 545