Monte do Castro

Un monte no centro da cidade

O Castro é o parque coas mellores vistas de Vigo sobre a ría. Non é o clásico xardín urbano, senón un fermoso monte, xusto no corazón de Vigo, que é o punto de orixe da cidade, onde se asentaron os primeiros poboadores. Se che interesa a arqueoloxía, na ladeira máis baixa do monte podes visitar o seu xacemento castrexo e ver como era a vida en Vigo entre os séculos III e I a.C.

Pode que te custe subir a pé ao Castro, pero a recompensa é inmellorable. De camiño, atoparás as enormes áncoras que lembran a Batalla de Rande. Poderás tomar un aperitivo admirando as vistas da cidade, descubrir as súas áreas deportivas, onde practicar skate, e os seus parques infantís.

Pero o tesouro do Castro está dentro dos muros da súa fortaleza, onde atoparás o castelo do Castro, os seus xardíns e o seu espectacular miradoiro. É unha visita obrigada e gratuíta!

Pistas e recomendacións: 

Podes subir ao Castro a pé por diferentes vertentes: desde a Praza de España ou desde a Avenida das Camelias, a ruta máis recomendable. Pronto deixarás atrás o ruído do tráfico para introducirte en sendeiros naturais que te guiarán ata o máis alto. É un ascenso pronunciado, pero podes facer paradas para gozar das incribles vistas.

Se prefires subir ao Castro en coche, podes ir ata a parte alta e aparcar a poucos metros do recinto amurallado.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

  • Paseo de los Cedros