NAVALIA: A FEIRA NAVAL MÁiS IMPORTANTE DE ESPAÑA

Turismo de Vigo

O encontro do sector naval en España: 19, 20 e 21 de maio de 2026

Navalia 2026, a Feira Internacional da Industria Naval de Vigo, celebrarase do 19 ao 21 de maio de 2026 no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), consolidándose como un dos encontros máis importantes do sector a nivel internacional.

Nesta nova edición daranse cita arredor de 500 expositores, 1000 marcas e máis de 25.000 profesionais procedentes de todo o mundo, convertendo a Vigo no epicentro da industria naval durante tres días.

Se es fabricante ou distribuidor de maquinaria naval, ofreces servizos marítimos ou de enxeñaría, es armador ou formas parte da industria auxiliar, esta é unha oportunidade única para xerar negocio, establecer contactos e descubrir as últimas innovacións do sector.

E xa que estás en Vigo, déixate levar polo mar: descobre as súas praias, a súa gastronomía mariñeira e recunchos únicos cheos de encanto.

Aproveita a túa visita para gozar do Atlántico!