Actualidade

mércores, 1 Xaneiro, 2025 - 09:03
Turismo de Vigo

Vigo é o mellor destino para empezar a coidarte e cumprir os teus propósitos de ano novo.

Que mellor xeito de coller forzas para o ano entrante que relaxándote nun spa, balneario ou talaso! Ven ás Rías Baixas e elixe o tratamento que mellor se axuste ás túas necesidades, xa sexa terapéutico, lúdico, de beleza ou de relax. Para os que nos visitan por negocios,  contamos tamén con numerosos spas urbanos onde deixar atrás o estrés dunha intensa xornada laboral, entre outros...

xoves, 19 Decembro, 2024 - 14:06
Turismo de Vigo

Chegan as vacacións de Nadal, a data máis esperada polos pequenos da casa. Días de ilusión, agasallos, celebracións e tempo libre para compartir cos teus.

 Achégate ás Rías Baixas e sorprende aos teus fillos con algunha das actividades en familia que te propoñemos para que estas festas sexan inesquecibles.

O entretemento dos máis pequenos está asegurado coa pista de karts e de patinaxe sobre xeo en Samil, Vigolandia en IFEVI,...

xoves, 12 Decembro, 2024 - 13:50
Turismo de Vigo

Érase unha vez...

Un lugar máxico no que, durante o Nadal, as árbores, os bonecos de neve e os libros de contos se iluminan e se fan xigantes para que a todo o mundo se lle debuxe un sorriso ao velos.

@s nen@s poden patinar sobre xeo, dar unha volta na Gran Noria ou chamar á porta da casa de Papá Noel e contarlle en persoa o bos e boas que foron ...

Todos os días, ás seis da tarde, un botón secreto acende as luces e adornos do Nadal do lugar, para que a...

mércores, 11 Setembro, 2024 - 10:39
Turismo de Vigo

 

Viñeches a traballar e sabemos que tes pouco tempo para diversións, pero:

Goza das ostras:

Para que poidas probar o sabor do mar de Vigo, fresco, no seu punto e a un prezo xusto tes que degustar as famosas ostras de Vigo, que serven en plena rúa as “ostreiras”,  ábrenas para ti, no momento e con gran destreza, no seu ambiente típico e en perfecta maridaxe co albariño Rías Baixas, o Ribeiro novo ou a cana de cervexa.

Cata o marisco...

Páxinas