Aínda non coñeces as praias de Vigo? Son un dos maiores atractivos da cidade. As praias da ría de Vigo sorprenderante: nada que ver con outros areais urbanos pouco atractivos, incómodos ou abarrotados. A 10 minutos do pleno centro de Vigo, as praias son de area branca e fina, augas transparentes e para todos os gustos: praias familiares, calas salvaxes, areais con ondas para practicar deportes acuáticos e tamén praias nudistas. En 2024, 12 praias de Vigo foron distinguidas coa ...
Actualidade
A noite do 23 ao 24 de xuño, miles de fogueiras iluminan a noite de San Xoán para celebrar a chegada do solsticio de verán. Chega a “noite meiga”, unha celebración chea de ritos, tradicións, crenzas e supersticións, porque como dicimos en Galicia “meigas, habelas, hailas”. Aquí tes as 5 experiencias que non te podes perder:
PREPARAR O CACHO
Segundo a tradición, para preparar o “cacho” debe recollerse auga de sete fontes e engadirlle as “herbas de San Xoán...
A noite máis máxica do ano: San Xoán e o primeiro amencer do verán nas Illas Cíes
Cada 23 de xuño, Vigo celebra a noite de San Xoán entre fogueiras, tradición e mar. O lume, a auga e as herbas aromáticas forman parte de antigos rituais vinculados ao solsticio de verán e á chegada dun novo ciclo cheo de luz e boa sorte.
Pero hai un lugar onde este cambio de estación se volve inesquecible: as Illas Cíes. Subir ao faro para contemplar...
Festa da Cereixa de Beade: a festa máis doce de Vigo
Os días 13 e 14 de xuño, a parroquia de Beade transfórmase nun punto de encontro festivo e gastronómico para celebrar un dos seus produtos máis emblemáticos: a cereixa. A Festa da Cereixa de Beade é unha das citas tradicionais máis queridas do municipio e marca o comezo simbólico do verán na cidade.
Tradición agrícola e ambiente popular