Actualidade

sábado, 30 Maio, 2020 - 11:39
Turismo de Vigo

 A nosa historia literaria comezou co vaivén das ondas da ría de Vigo, que inspiraron o noso trobador medieval Martin Codax para compor as súas fermosas cantigas. Foi o azar o que quixo que, sete séculos despois da súa composición, en 1914, un libreiro chamado Pedro Vindel atopase os seus versos nun pergamiño que facía de forro dun exemplar do De Officiis de Cicerón.


Vigo foi musa para escritores de todo o mundo. Desde Jules Verne ata os últimos best-sellers de Domingo Villar, pasando por Otero Pedrayo...

sábado, 28 Marzo, 2020 - 23:00
Turismo de Vigo

Das Rías Baixas nacen os viños da Denominación de Orixe deste nome, cuxos caldos se producen cola variedade de uva albariño. Unha uva pequena, de mosto concentrado, moi aromática e froiteira que pode combinarse con outras variedades autóctonas, comotreixadura ou godello. Os mellores viños brancos para maridar con pescados e mariscos.

Non deixes de probar en Vigo viños das outras 4 denominacións galegas: Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei. Descubrirás caldos de...

martes, 3 Decembro, 2019 - 14:36
Turismo de Vigo

O  Nadal é o momento do ano no que familiares e amigos nos reunimos para gozar do mellor da nosa gastronomía. E se de algo sabemos en Galicia é de comer ben!!

A esta rica tradición de  cociña galega, Vigo aporta o seu excepcional porto, que fornece de excelentes produtos do mar as lonxas e mercados.

Traslada a arte culinaria de Vigo á túa mesa, achégate ás prazas de abastos e...

venres, 19 Abril, 2019 - 14:57
Turismo de Vigo

Que os teus fillos non coñecen o mar e non navegastes nunca? A máis meridional das Rías Baixas conta con excelentes condicións naturais para a navegación ou a práctica de deportes náuticos e ofrece unha paisaxe tan fermosa que vos enfeitizará.

En Vigo, durante todos os días do ano, podes navegar de forma cómoda e segura: os transbordadores, que cruzan a ría moitas veces ao día, ofrécenvos a oportunidade de recibir o voso...

Páxinas