QUE LLE PEDICHES AO ANO NOVO?
Monday, January 1 2024
Vigo é o mellor destino para empezar a coidarte e cumprir os teus propósitos de ano novo.
Que mellor xeito de coller forzas para o ano entrante que relaxándote nun spa, balneario ou talaso! Ven ás Rías Baixas e elixe o tratamento que mellor se axuste ás túas necesidades, xa sexa terapéutico, lúdico, de beleza ou de relax. Para os que nos visitan por negocios, contamos tamén con numerosos spas urbanos onde deixar atrás o estrés dunha intensa xornada laboral, entre outros plans “afterwork”.
Ben é sabido que o deporte é un factor imprescindible para manter e mellorar a nosa vitalidade. Vigo dispón de numerosos Parques forestais onde realizar camiñadas, rutas de sendeirismo, paseos en bicicleta ou rutas a cabalo. Se buscas novas sensacións, tamén che ofrecemos algún deporte de aventura e os paseos polas nosas fermosas praias gozando do relaxante son do mar e dos teus pasos na area.
Levar unha alimentación equilibrada é sen dúbida outra regra de ouro para lograr un bo estado físico. En Galicia, un destino coñecido pola súa gastronomía, contamos coa mellor e mais fresca materia prima para ofrecerche unha experiencia gastronómica inesquecible.
Vigo cóidate, así que, déixate consentir...!