5 IMPRESCINDIBLES NA TÚA MALETA
- DOCUMENTACIÓN: o DNI, pasaporte, carné de conducir, etc., ou calquera tipo de documentación obrigatoria ou que creas que vas necesitar na viaxe. Se viaxas en avión asegúrate de que toda esta documentación non vaia na maleta facturada.
- UNHA LISTA COS PRINCIPAIS PUNTOS DE INTERESE QUE DESEXAS VISITAR: planifica a túa estadía se queres aproveitar o tempo ao máximo. Infórmate sobre os horarios de museos, transporte público, rutas e recomendacións a seguir e faite cun plano da cidade antes de iniciar a túa viaxe para poder visitar todo aquilo que desexas. Nos axudámoste, nesta web atoparás toda esta información e moita máis.
- CALZADO CÓMODO: Vigo conta con numerosos paseos e rutas naturais. Ademais, camiñar é a mellor forma de coñecer o centro da cidade e descubrir lugares descoñecidos.
- ROUPA DE ENTRETEMPO: o tempo é impredicible en Galicia e, a pesar de que nas Rías Baixas é mellor, é recomendable levar roupa de todo tipo de forma que poidas ir quitando ou poñendo “capas” segundo as necesidades. É dicir, camisetas, un par de xerseis e algunha chaqueta todoterreo que te protexa da choiva, o vento e o frío. Tamén algún modeliño máis formal para gozar da noite viguesa e, se ves en verán, por suposto, non te esquezas do traxe de baño!
- MOOOITO APETITO: en Vigo cómese en abundancia a a moi bo prezo, así que ven preparado para gozar da gastronomía galega.
En calquera caso, as vacacións son para gozalas así que non te angusties si esqueces algo, comprar en Vigo é estupendo e hai de todo!