DÉIXATE ENFEITAR POLOS FOGOS DE BOUZAS

Turismo de Vigo

As festas de Bouzas son, seguramente, as festas máis famosas de todos os barrios de Vigo grazas a gran espectáculo pirotécnico que as pecha: os fogos de Bouzas. Celébranse dende o 18 ao 23 de xullo. Durante 5 longos días o barrio énchese de postos de comida, bares ao aire libre, atraccións para nenos (e non tan nenos) e de verbenas.

A festa celébrase en honor ao Cristo dos Aflixidos, e hai unha misa solemne, moi concorrida, o domingo. O mesmo día en que, desde ás 23:00h, o ceo se tingue de cores cos famosos fogos de Bouzas. Non faltes se estás en Vigo esa fin de semana, son impresionantes!

Se queres ver ben os fogos artificiais, ten en conta que Bouzas se enche de xente esa noite. Así que, unha boa opción é velos desde calquera punto alto da cidade, como o Monte do Castro, no centro de Vigo, xa que o espectáculo é visible desde calquera lugar da ría.

Algunhas empresas de alugueiro de embarcacións ofrécenche a oportunidade de ver os fogos de Bouzas desde o mar. Se viñeches a Vigo coa túa parella, pode ser o plan perfecto