TEATRO NA VILA ROMANA DE TORALLA...
Thursday, July 21 2016
A Vila romana de Toralla, xunto á praia do Vao, é a única da Galiza que está escavada integramente e pode visitarse. O conxunto data dos s. IV ou V d.C. e consta da vivenda dos propietarios, a súa familia e os serventes e de unhas salinas das que obtiñan sal mariño para comerciar.
É un conxunto moi importante e singular, situado no que foi a propiedade da familia Mirambel, que descubriu e doou o xacemento á cidade.
A visita á vila romana pode gozarse especialmente durante os meses de xullo e agosto, pola beleza da súa contorna e porque o xacemento ofrece visitas guiadas teatralizadas, que transportarán ao visitante á Antiga Roma: combates entre gladiadores, intercambios de escravos, banquetes de voda …
Ademais, moi preto, pódese visitar o Museo Verbum na praia de Samil. Nel móstrase “EMPORIUM”, unha interesante exposición dedicada á historia do comercio marítimo en Vigo. Non vai ser todo sol e area!
Data e horario das visitas: 7, 14, 21 e 28 de xullo e 4, 12, 18 e 25 de agosto de 2016 ás 20h. Non é necesaria reserva previa."