XA VEÑEN OS REIS ...
Mardi, 4 janvier 2022
Á tardiña do 5 de xaneiro, ás 17h., a Cabalgata de Reis percorre as principais rúas de Vigo. É un espectáculo no que participan nenas e nenos, con alegre algarabía, intentando atrapar os caramelos máxicos que lanzan desde as carrozas.
Dise que os Reis Magos de Oriente viaxaron a Belén guiados por unha estrela para regalar ao neno Xesús ouro, incenso e mirra. Por iso hoxe regalamos.
Faite Rei Mago e descobre as tendas e mercados de artesanía de Vigo. Poderás elixir agasallos entre multitude de produtos feitos a man, orixinais e únicos (Chisss... e baratos!).
Se buscas algo máis sofisticado, Vigo conta con numerosos centros comerciais e tendas especializadas nas mellores marcas. Non tes escusas para marchar coas mans baleiras!
Cada 6 de xaneiro chega ás mesas de Vigo o típico roscón de Reis. Sabías que esta sobremesa simboliza a coroa real e as froitas que o adornan as súas pedras preciosas? No roscón escóndense unha faba e unha figuriña.
A tradición di que: "Se atopas a figuriña serás rei por un día; si atopas a faba, o roscón pagas".
Fotografía: @Lanfoco