EN DECEMBRO, ESCÁPATE A VIGO
Domingo, 27 Noviembre 2022
Non o dubides máis, Vigo é a túa mellor opción para gozar da cidade máis cosmopolita de Galicia durante a última ponte do ano. Preparamos unha axenda chea de emocións para que esta escapada ao corazón das Rías Baixas sexa inesquecible.
- PARA OS ADICTOS AO SHOPPING: Adiántate ás compras de Nadal. Vigo adáptase ao teu peto: desde grandes espazos comerciais e boutiques exclusivas de moda galega ata pequenos comercios de artesanía e gastronomía local, nos que atoparás agasallos para amigos e familiares.
+ Alameda e Montero Ríos + Vigo señorial
- PARA OS AMANTES DO MAR: Reserva xa a túa praza para viaxar nesta ponte ás Illas Cíes, un paraíso natural onde descubrirás unha fauna e flora únicas. Queres dar un paseo pola Ría de Vigo? Súbete aos “autobuses do mar”, barcos de liña regular que te levarán ás vilas pesqueiras de Cangas e Moaña, mentres gozas da incríbel beleza das Rías Galegas.
+Ocean Secrets + Museo do Mar de Galicia
- PARA OS NOCTÁMBULOS: Vigo é a cidade que nunca dorme, a cidade da festa. Sexa a hora que sexa, encontrarás unha zona na que bailar, ver un concerto, saír de copas ou simplemente terracear cos teus amigos.
- PARA OS MÁIS DEPORTISTAS: En bici ou pé, a Senda da Auga é a túa ruta: paralela ao mar e con unhas maravillosas vistas da Ría de Vigo. Tamén podes facer unha ruta costeira dende Bouzas ata Toralla, pasando pola praia de Samil, ou seguir a Senda Azul do río Lagares.
E para completar a túa visita á cidade , bótalle unha ollada aos nosos consellos sobre cales son as visitas imprescindibles.