ILLAS CÍES: 15 ANOS DE PARQUE NACIONAL
Vendredi, 30 juin 2017
A luminosa mañá do 1 de xullo de 2002 toda a ría de Vigo resplandecía en torno ás Illas Cíes, como calquera outro día de verán.
Pero era un día moi especial: iniciaban todas as illas de Galicia unha singradura de esperanza no futuro, coa entrada en vigor da Lei pola que se crea o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Culminábase así un longo proceso, ideado para preservar as illas con mimo, para poder disfrutar as Cíes de xeito sostible, usando con intelixencia ese anaco do termo municipal de Vigo, tan cargado de valores simbólicos que acada xa a categoría de mito.
As illas Cíes e a ría son a paisaxe de Vigo e a súa área metropolitana; pero cada persoa que as visita e queda seducida pola súa extraordinaria beleza natural, adquire a obriga de preservalas, incorporándose así a un longo ronsel formado por todas as persoas que aman e coidan as nosas illas.
¡As Illas Cíes pronto serán Patrimonio de toda a Humanidade!