10 " SELFIES" IMPRESCINDIBLES EN VIGO
Mardi, 15 juin 2021
Durante a túa visita a Vigo gozarás de momentos e lugares irrepetibles: postas de sol, miradoiros sobre a Ría, esculturas, praias... Sitios únicos que necesitarás inmortalizar coa túa cámara.
Para axudarche a crear o teu álbum, seleccionamos 10 lugares imprescindibles para facerse unha selfie e compartila co mundo.
1.- Fortaleza de O Castro: Apoiad@ sobre os centenarios muros deste miradoiro poderás conseguir unha das mellores panorámicas da cidade e da Ría de Vigo.
2.- A Oliveira do Paseo de Alfonso: Non dubides en fotografarte á beira da árbore máis famosa de Vigo, símbolo do amor e da lealdade dos vigueses á cidade e parte do seu emblema heráldico.
3.- Monumento a Jules Verne: Imposible resistirse a unha foto abrazando ao noso embaixador literario máis internacional ou enredándose entre os tentáculos da lura xigante sobre a que se asenta a súa escultura.
4.- Pazo Quiñones de León: Síntete marqués/a por un día ás portas deste Pazo Señorial do s. XVII, cuxas paredes e xardíns gardan séculos da nosa historia.
5.- O Sireno: É o monumento de Vigo por excelencia. Híbrido de peixe e home, vixía incansable o mar desde o centro da cidade. Os seus 13 m de altura permitiranche tantos ángulos como poidas imaxinar.
6.- Faro do Museo do Mar: Situado ao final do espigón do Museo do Mar de Galicia, atoparás un dos lugares máis espectaculares da cidade, co mar e as Illas Cíes de fondo. E si coincide coa posta de sol, a fotografía será digna de enmarcar.
7.- Miradoiro da Guía: Este miradoiro está presidido pola ermida da Nosa Señora das Neves e toda a zona é un enclave natural impresionante desde o que podes realizar as túas instantáneas.
8.- @s Ostreir@s da Pedra: Degustar este prezado molusco é un ritual imprescindible en Vigo. Así que, non podes irte sen visitar a rúa Pescadería e levarte de recordo unha foto con est@s expert@s en abrir ostras.
9.- O polbo do Paseo dos Peixes de Bouzas: Un quilómetro de paseo litoral polo barrio máis mariñeiro de Vigo entre esculturas de peixes, moluscos e o noso cefalópodo preferido ¡o polbo!. Imposible non sacar a cámara.
10.- Dinoseto: Este tiranosauro vexetal é xa tan famoso que conta co seu propio "photocall". E aínda que é o favorito d@s nen@s, os adultos tampouco poden resistirse a retratarse co que é coñecido como o rei da "selfie" de Vigo.