CINCO MANEIRAS DE COMER POLBO EN VIGO
Jueves, 18 Agosto 2016
Dis Galicia e xa soñas con saborear peixe, marisco, empanada, lacón con grelos, albariño, licor café e, por suposto, polbo. O polbo é un clásico da cociña galega. A receita máis coñecida é o polbo á feira pero non é a única e na túa próxima escapada a Vigo poderás comprobalo:
POLBO Á FEIRA: o polbo por excelencia: servido en prato de madeira, aderezado con sal, aceite de oliva e pemento. A súa receita é sinxela, pero ninguén consegue o sabor que ten nunha festa, feira ou tapería de Galicia. Seguramente o segredo está na cantidade que se coce xunta.
POLBO Á BRASA: desde hai uns anos os bares e restaurantes galegos incorporaron nos seus menús, con gran éxito de público, unha nova forma de preparalo: á prancha ou á brasa, cortado en finos liscos unha vez cocido.
CALDEIRADA DE POLBO: nas Rías Baixas o polbo cómese en caldeirada, unha forma típica de preparar o peixe en toda Galicia. O polbo cocido acompáñase con patacas e aderézanse cunha "allada": unha fritura feita con aceite, allo, cebola e pemento.
POLBO AO ESTILO CÍES: nas Illas Cíes, poderás probar o polbo dunha maneira diferente "ao estilo insular", unha receita tradicional que as familias que habitaban nas illas foron pasando de xeración en xeración. A preparación é similar á caldeirada, pero no canto de allo leva pementos vermellos e verdes.
EMPANADA DE POLBO: o polbo tamén está presente nas ricas empanadas galegas. A "zaragallada" é a fritura de cebola e pemento vermello e verde na que se refoga o polbo antes de poñelo entre a masa para que se impregne do seu sabor...
A que esperas para degustar o noso mar de sabores?