QUEIMADA
Viernes, 10 Junio 2016
Coa estupenda augardente galego elabórase a queimada, unha bebida alcohólica tradicional a base de bagaño que conta con todo un ritual de preparación destinado a afastar os malos espíritos. Ideal para a máxica noite do Samaín, ou calquera celebración.
Ingredientes: augardente branca, azucre, codia do limón e/ou laranxa. Opcional, grans de café ou outras froitas.
Preparar queimada: vértense os ingredientes nun recipiente de barro. Préndeselle lume e vaise removendo lentamente cun cullerón ata que se consuma o azucre, á vez que se recita o famoso conxuro:
CONXURO DA QUEIMADA
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasnos e diaños, espritos das nevoadas veigas.
Corvos, píntigas e meigas, feitizos das menciñeiras.
Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos
mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte, fouciño do sátiro e pé do coello.
Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes, corpos
mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cus, muxido da mar
embravescida.
Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan a xaneira,
guedella porra da cabra mal parida.
Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao do
inferno, e fuxirán as bruxas a cabalo das sú as escobas, índose bañar na
praia das areas gordas.
¡Oíde, oide! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse
no agoardente, quedando asi purificadas.
E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos
males da nosa ialma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si é verdade
que tendes máis poder que a humana xente, eiquí e agora, facede cos
espritos dos amigos que están fóra, participen con nós desta queimada.