ARTESANÍA DE VIGO: AGASALLOS AUTÉNTICOS.
Quinta, 2 Dezembro 2021
A artesanía en Vigo é un dos clásicos desta época do ano. Aínda que as tendas de artesanía típicas do barrio histórico de Vigo están sempre abertas ao público, en Nadal súmanse a elas numerosos mercados ao aire libre nos que atopar agasallos auténticos, feitos a man e solidarios.
Un dos máis famosos é Ofeitoaman, unha cita coa artesanía viguesa que se celebra desde fai varios anos e que atoparás na Alameda da Praza de Compostela.. Se estás en decembro en Vigo, non dubides en pasarte a visitar os postos de artesanía e a gozar das atraccións de Nadal.
Na feira, que estará aberta ata o 15 de xaneiro, atoparás produtos de 30 talleres artesáns de toda Galicia.
A artesanía tamén está presente no centro de Vigo ou no barrio de O Calvario onde atoparás o Mercado de Nadal , cheo de postos de roupa, cerámica, complementos, xoguetes e gastronomía.
Déixate inspirar polo ambiente do Nadal nas rúas de Vigo para atopar o agasallo perfecto.