¡ XA ESTAMOS DE VACACIÓNS !

Turismo de Vigo

Chegan as vacacións de Nadal, a data máis esperada polos pequenos da casa. Días de ilusión, agasallos, celebracións e tempo libre para compartir cos teus.

 Achégate ás Rías Baixas e sorprende aos teus fillos con algunha das actividades en familia que te propoñemos para que estas festas sexan inesquecibles.

O entretemento dos máis pequenos está asegurado coa pista de karts e de patinaxe sobre xeo en Samil, Vigolandia en IFEVI, o Circo de Nadal, a Gran Noria, o Tren de Nadal...

E se tedes que botar unha man a Papá Noel e aos Reis Magos, rúas e centros comerciais  ou as edicións de Nadal de mercados como Cíes Market, ofrécenvos a posibilidade de facer as vosas compras de Nadal dunha forma entretida e diferente.

Ademais, este ano, Vigo estará máis iluminado que nunca para recibirte. Miles de luces e unha espectacular árbore de Nadal de 44 metros encherán de maxia a cidade.

Se aínda tes ganas de máis, consulta outras actividades na nosa axenda ou no apartado de Plans en familia

Esperámosvos!

Etiquetas: