5 Plans en familia para disfrutar do Día da Nai en Vigo:

Turismo de Vigo

Descubre 5 experiencias en Vigo para regalar o Día da Nai que, seguro, ¡lle encantarán!

  1. ILLAS CÍES, o maior tesouro da ría de Vigo
    As illas Cíes forman parte do Parque Nacional Illas Atlánticas: un paraíso de praias paradisíacas e augas cristalinas, cun contorno natural que as converte nun observatorio de fauna e flora único.
    Unha visita ás Cíes é ideal tanto para practicar sendeirismo en familia como para unha escapada en busca de praias virxes e tranquilas.
  2. UN DÍA EN FAMILIA NA PRAIA DE SAMIL
    Samil é a praia para familias máis famosa de Vigo e a máis grande da cidade, con máis de 1 km de longo e 15 m de ancho. Se buscas unha praia en Vigo para nenos, Samil está feita á túa medida. É a máis animada durante todo o ano, xa que ás vantaxes do enorme areal súmase o seu equipamento: canchas de baloncesto, pista de patinaxe, aparcadoiro gratuíto, restaurantes, cafeterías, zonas verdes… En canto sae o sol, a praia énchese de vida, e os suaves invernos en Vigo saben moito de tardes de sol.
  3. EXPERIENCIAS EN BICI. Descubre a beleza de Vigo a golpe de pedal
    Varias empresas de alugueiro ofrecen rutas en bici pola área de Vigo para coñecer a súa historia, mentres toda a familia goza dun agradable paseo en bicicleta convencional ou eléctrica. A orografía da cidade permite ademais escoller percorridos avanzados para expertos ciclistas ou cómodos paseos como a Senda Azul ou o clásico traxecto entre o barrio de Bouzas e a praia de Samil.
  4. AVENTURA E NATUREZA EN VIGONATURE
    Goza dun paseo polo parque e participa nas actividades familiares que organizan cada fin de semana. Un plan perfecto para conectar coa natureza en familia.
    Entre as súas instalacións conta cun centro de aves irrecuperables, exotarium, zonas para animais nocturnos, granxa escola, exposicións... Tamén hai lugar para o lecer con rocódromos e tirolinas. En definitiva, o lugar perfecto para pasar un día en familia.
  5. COÑECE A HISTORIA PESQUEIRA NO "MUSEO DO MAR"
    O Museo do Mar de Galicia ten unha das exposicións permanentes máis completas de Vigo, que combina con mostras temporais, sempre relacionadas co mundo do mar e da pesca. Nel poderás coñecer toda a historia da actividade pesqueira de Galicia: pesca, marisqueo, acuicultura e os métodos de conservación, desde a primitiva salgadura ata o moderno conxelado, pasando polos avances técnicos nas embarcacións ou a bioloxía mariña.
    Ademais, no acuario do museo poderás observar unha mostra a pequena escala do tránsito submarino que vai desde o museo ata a costa atlántica das Illas Cíes, percorrendo tres ecosistemas: costa, ría e illas.
Etiquetas: