BENVIDOS A VIGO, CRUCEIRISTAS

Turismo de Vigo

¡Benvido/a a Vigo!

Chegaches á cidade do mar. Convidámoste a pasear polo porto, polas rúas do casco vello e do centro da cidade. E a coñecernos ¡acollerémoste como a un vigués máis! Espérante ducias de restaurantes e taperías, coas súas mariscadas, tapas de polbo, ostras, empanada galega...  E non te esquezas de acompañalo dunha copa de viño da D.O. Rías Baixas.
E antes de volver ao barco, lémbrate de mercar eses agasallos que lle prometeches á familia e aos amigos: unha botella de viño ou de licor galego, unha conserva de marisco ou de peixe, artesanía tradicional ou un imán para a neveira.

Ruta para cruceiristas

Bus turístico

Taxi Tours

                        ¡Temos de todo e moi preto ! ¡Goza do teu día en Vigo!