EXPERIENCIAS SINGULARES NA RÍA DE VIGO: AVISTAMENTO DE ARROACES
Mardi, 8 septembre 2015
Os arroaces son unha especie da familia dos golfiños aos que lles encanta pasear polas costas galegas. Aínda que as súas aparicións son pouco frecuentes e arbitrarias, un dos mellores espectáculos dos que se pode gozar nas Rías Baixas é ver de cerca a algún dos grupos de arroaces que, sobre todo no verán, achéganse á costa en busca de bancos de sardiñas ou para dar a luz ás súas crías nas tranquilas augas da Ría de Vigo.
Se estás sentado nalgunha das terrazas con vistas ao mar que hai na cidade ou na cuberta dos barcos que fan o percorrido aos pobos pesqueiros de Cangas e Moaña ou ás Illas Cíes, non perdas de vista ao mar, quizais vexas a estes amigables cetáceos surfeando e xogando sobre as ondas da Ría.
http://checkin.trivago.es/2015/08/06/actividades-alternativas-espana-vacaciones-diferentes/