CEMITERIO DE PEREIRÓ, ENTRE O OLVIDO E A MEMORIA 2024
Samedi, 26 octobre 2024
Moitas persoas achéganse nestas datas a cemiterios e camposantos para lembrar e honrar a aqueles que xa non están entre nós. Así se manifesta a ancestral tradición que achega o mundo dos vivos e dos mortos unha vez recollidas as colleitas e co declinar da luz solar. Este sentir común recibe nomes diferentes en cada cultura: Samaín, Halloween, Defuntos, Santa Morte...
Pereiró é o maior cemiterio de Vigo. De propiedade municipal, foi proxectado por Jenaro de la Fuente a finais do s. XIX. A súa arquitectura e escultura funeraria alcanzan notable importancia e son relevantes os aspectos antropolóxico e históricos que garda.
Se queres coñecer este recuncho íntimo e misterioso da cidade, non te perdas as visitas guiadas de turismo cultural ao Cemiterio de Pereiró: Dª Concepción Arenal , Dª Irene Ceballos, Dª María dos Milagres Elduayen (marquesa de Valladares) e Don Bernardo González do Val (Cachamuiña) son os personaxes que che contarán a apaixonante historia da cidade de Vigo a través os seus panteóns e monumentos funerarios.
É unha experiencia inesquecible coñecer a cidade dos mortos, o Vigo que se foi para sempre, pero que pervive na memoria do Vigo vivo...
Como inscribirme ?
As inscricións realizaranse a través do Servizo de Atención Cidadá, 010 (986 810 260) .
O prazo de inscrición comeza o 25 de outubro.
Non se ofertarán todas as prazas á vez, abriranse cotas semanais.
Calendario de inscricións:
O horario de inscrición é o seguinte:
- Venres 25 de outubro ábrese o prazo para inscribirse nas visitas que terán lugar os días 27, 28, 29 e 30 de outubro.
- O xoves 31 de outubro ábrese o prazo para inscribirse nas visitas que se desenvolverán entre o 4 e o 10 de novembro.
- O luns 11 de novembro ábrese o prazo para inscribirse nas visitas que se desenvolverán entre o 12 e o 17 de novembro.
- O luns 18 de novembro ábrese o prazo para inscribirse nas visitas que se desenvolverán entre o 19 e o 22.
Quendas: 18:30h, 19:00h e 19:30h.
Días de visita:
Outubro: 27, 28, 29, 30
Novembro: 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 19, 20, 21, 22
Cada día haberá tres grupos reducidos, con entradas escalonadas ás 18:30, 19:00 e 19:30 h.
Características da actividade:
Duración: 90 minutos
Punto e hora de encontro: Porta principal Cemiterio de Pereiró 15 minutos antes do comezo de cada sesión
Accesible en cadeira de rodas agás para visitar o interior da capela.
Requisitos de visita
- Imprescindible reserva previa.
• A actividade está dirixida ao público adulto, polo que é necesario ter 18 anos para facer a reserva e presentar o DNI.
• Os asistentes presentaranse 15 minutos antes da hora de inicio da visita na entrada principal do Cemiterio de Pereiró.
• Deberán seguirse en todo momento as instrucións do persoal responsable do grupo.
• As visitas son de carácter histórico-cultural. É un lugar de culto no que hai que manter un mínimo de decoro e respecto.
• Non se permite o acceso con animais.
• Non se permiten gravacións de vídeo e/ou audio.