Blogger Trip: Decembro

Programa

XORNADA: "Blogs gastronómicos: Del recetario a los gurús 2.0"

O Concello de Vigo coa colaboración do Vigo Convention Bureau realiza o próximo martes 18 de decembro a xornada.

Un espazo de reflexión sobre o turismo gastronómico e sobre como Internet é cada vez máis unha canle fundamental para a procura de destinos, restaurantes, receitas de cociña, etc.

Contaremos para iso coa participación de grandes expertos na materia. A chave do encontro será descubrir as posibilidades da rede e as últimas ferramentas 2.0 no desenvolvemento comunicativo dos destinos turísticos en relación coa gastronomía.

Agardámosvos a todos ás 19h no salón de actos do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) situado no número 54 da rúa Príncipe 54. Podes seguir a xornada no twitter oficial @BloggerTripVigo ou a través do hashtag #vigoalive.

Bloggers

TXABER ALLUE

TXABER ALLUE - El Cocinero Fiel

 

Licenciado en Historia pola Universidade de Salamanca, pero o seu interese polo mundo empresarial o animou a estudar, posteriormente, un mestrado en Marketing e Comunicación (UOC) e un Executive MBA (IE). Fundou dúas empresas dedicadas ao mundo da comunicación e foi xerente dunha terceira. Na actualidade é consultor freelance de alta dirección, profesor asociado na Universidade de Tarragona e consultor da Universitat Oberta de Catalunya (UOC) nos departamentos de xestión de empresa.

A súa afección polo mundo audiovisual, a tecnoloxía e a cociña levárono a converterse en "El Cocinero Fiel", un vídeo blogueiro dedicado ao mundo da gastronomía. Semanalmente, sobe receitas de todo o tipo e compárteas coa súa comunidade a través do blog, Youtube, Facebook e Twitter.

Recentemente, participou como fundador e organizador, en colaboración con Telefónica I+D e ElBulli Fundation, nos Gastronomy & Technology Days, un proxecto pioneiro en Europa que persegue a divulgación e o debate gastronómico entre cociñeiros, tecnólogos, blogueiros e medios de comunicación, coa intención de debater a relación entre gastronomía de vangarda e tecnoloxía.

LUIZ HARA

LUIZ HARA - The London Foodie

 

Chef italiano-brasileiro-xaponés que fixo de Londres a súa casa hai xa 20 anos. Apaixonado da boa comida, do viño e as viaxes, escritor de The London Foodie desde 2009.

Despois de estudar unha carreira na banca de investimento, saíu da cidade para perseguir o seu verdadeiro interese, a comida. Despois de se introducir na cociña xaponesa en Toquio, regresou ao Reino Unido e graduouse co Grande Diplome de Le Cordon Bleu. Actualmente, a súa casa en Islington, é sede de Clubs de cea xaponesa e francesa.

A súa paixón polo viño, levouno a conseguir o Certificado da Wine and Spirit Education Trust (WSET), o que o animou a escribir sobre as súas experiencias co viño e as bebidas espirituosas e emparellalos cos alimentos.

Grazas a ser freelance, foi capaz de dedicarse máis ás viaxes, principalmente escapadas enogastronómicas.

SUZANA PARREIRA

SUZANA PARREIRA - Gourmet Amadores

 

Suzana Parreira vive en Lisboa co seu marido e un gato branco y negro. É docente e investigadora en Deseño de Comunicación desde 2000.

Vén dunha familia onde a cociña ten un papel central e todo se discute na mesa. Despois de escribir e falar sobre comida e fotografala durante anos na casa e nas súas viaxes, decidiu compartir a súa paixón.

En 2007 creou Gourmets Amadores, un blog que retrata as aventuras e desventuras da súa cociña e as experiencias gastronómicas, viaxes e a vida cotián da súa familia. O que comezou co pracer da mesa converteuse nun espazo de emocións que conta unha historia sobre a súa relación coa cociña e todo o que a rodea, as rutas gastronómicas e os lugares visitados.

MIGUEL PIRES

MIGUEL PIRES - Mesa Marcada

 

Naceu en Rio Maior. Ex publicista, agora escritor de gastronomía ou, como a el lle gusta dicir, “aliñador de palabras sobre gastronomía en forma de texto”.

En 2006 creou o blog Chez Pirez que interrompeu en 2009 para se dedicar ao blog colectivo, Mesa Marcada.

En 2011 publicou o libro "Lisboa à Mesa - Guia Onde Comer. Onde Comprar". .

Escribiu para varias publicacións e é actualmente colaborador do xornal Público, das revistas Up – TAP y Wine -Essência do Vinho, en Portugal e Menu de Brasil e Cook_Ink de Itália.

Vive en Lisboa desde hai máis de 20 anos.

EUWEN TEH

EUWEN TEH - A Rather Unusual Chinaman

 

Home de herdanza chinesa, alemán de nacemento, con pasaporte de Malasia e cultura inglesa.

En xaneiro de 2009, recupérase dunha seria operación, deitado na cama, aborrecido e inmóbil, decidese a escribir un blog para manter o seu cerebro en marcha.

Ao comezar a escribir sobre as actividades en Londres, deuse conta do grande interese que se xeraba sobre a comida. Case catro anos e máis de 300 restaurantes visitados despois, continúa escribindo no seu blog acerca dos restaurantes de Londres combinado viaxes internacionais relacionadas coa gastronomía.