Blogger Trip: Outubro

Programa

Podes descargar o programa Blogger Trip Vigo en formato PDF.

Este programa é susceptible de cambios.

BREAKFAST 2.0: VIGO, UN DESTINO 2.0

O Concello de Vigo coa colaboración do Convention Bureau Vigo realiza o próximo venres 26 de outubro o primeiro Breakfast 2.0 baixo o nome “Vigo, un destino 2.0” no Auditorio Mar de Vigo.

Trátase dun espazo de análise e reflexión sobre o uso das novas tecnoloxías para a promoción turística, enmarcado na realización da segunda edición del Blogger Trip Vigo.

Dita actividade forma parte do Plan de Competitividade Turística de Vigo, Turismo Urbano e de Ría, desenvolvido a través dun convenio de colaboración subscrito entre o Instituto de Turismo de España (Turespaña), a Secretaria Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, o Concello de Vigo e a Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría da Provincia de Pontevedra.

PROGRAMA:

  • 09’30 hrs – Café de benvida
  • 10’00 hrs – Inauguración do acto. Benvida das autoridades e presentación do almorzo de traballo.
  • 10’15 hrs – “A promoción turística na rede” Melissa Jarquín, Exvicepresidente de AIN (Asociación Interamericana de Internet)
  • 10’45 hrs – “Marketing online, A que dedico os meus recursos? Tomeu Benassar. Director Xeral de Logitravel
  • 11’15 hrs – “Os Travel Blogs e o seu papel influinte das decisións de consumo turístico”, Karen Bryan (Europe a la carte), Cole Burmester (Traveldudes e Four Jandals),Sebastian Canaves (Off the path) y Daniel Ruiz (Viajares). Modera: Pablo Cameselle. Director Vigo Convention Buerau
  • 12’00 hrs – Clausura do acto

Bloggers

SEBASTIAN CANAVES

SEBASTIAN CANAVES - Off the path

 

Sebastian Canaves é español pero xa hai tempo que non vive en España. Dedicouse a escribir en Alemán e Inglés. Con 14 años mudouse a Salzburgo, Austria. Catro anos despois foise de Europa e mudouse a Australia onde traballaba no departamento de marketing dunha empresa austríaca. Despois de “Down Under” estudou nos Países Baixos e fixo un semestre en Bulgaria. Agora acaba de mudarse a Berlín despois de vivir e traballar un ano no sector do marketing en Bangkok. En “Off-The-Path.com”, Sebastian publica artigos sobre as súas aventuras

Fundado en 2011, Off-The-Path.com é un blog de viaxes líder centrado nun dos segmentos de rápido crecemento da industria de viaxes: Flashpackers e Viaxes de Aventura. É un dos recursos de información principal para os viaxeiros activos, ofrecendo o mellor asesoramento en aventura de viaxes de todo o mundo. O obxectivo é mostrar aos viaxeiros e turistas de aventura que non hai necesidade de deixar atrás as comodidades da casa para vivir unha aventura real.

KAREN BRYAN

KAREN BRYAN - Europe a la carte

 

Karen Bryan é editora de viaxes online desde o 2002 cando creou o blog de viaxes Europe a la carte baseado no belo Berwick upon Tweed de Reino Unido.

O blog foi lanzado en outubro do 2006 e fíxose tan popular, que en 2009 Karen puido renunciar ao seu traballo diario para ocuparse ao blog a tempo completo.

Karen viaxou por toda Europa, desde Islandia até Chipre.

En Europe a la carte poderás atopar consellos sobre os mellores lugares para visitar en Europa, recomendacións de hoteis, críticas sobre restaurantes e puntos de vista locais.

DANIEL RUIZ

DANIEL RUIZ - Viajares

 

Daniel Ruiz é un profesional freelance do marketing online e do deseño online con máis de 17 anos de experiencia. Traballou para grandes marcas en empresas como o Grupo Planeta ou CGE&Y. Ten 3 fillos pequenos e sempre que pode vai coa familia para realizar viaxes e escapadas

Á parte do blog Viajares.es mantén outros proxectos sobre viaxes e turismo como o blog Blogtrip.es ou a conta xenérica de viaxes en twitter @_viajar

Colaborou na organización do TravelBloggers Meeting..

Viajares.es naceu no 2009 para compartir as súas experiencias viaxando con nenos e tamén opinións sobre marketing turístico, blogging e destinos. Interésalle o local e próximo sen desdeñar outro tipo de viaxes.

COLE BURMESTER

COLE BURMESTER - Four Jandals - Traveldudes

 

Cole levou as súas sandalias por todo o mundo xunto á súa moza, Adela, desde o ano 2009.

É un amante do deporte e de aí nace a súa paixón polas viaxes.

Despois de terminar a universidade en 2006 foise a traballar ao estranxeiro, en California, nun campo de esquí. Nun principio non pensaba que unha viaxe ao Estados Unidos de América lle abriría os ollos a viaxar, mais si o fixo. Ao regresar a Nova Zelandia seguiu o que cría que era o seu traballo soñado, en Planificación Ambiental. Pero a súa fame de viaxes aos poucos lle foron comendo por dentro.

Actualmente traballa a tempo completo no desenvolvemento de Four jandals. O seu blog “Four Jandals” é o blog líder turismo de aventura en Nova Zelandia. O seu principal obxectivo é inspirar outros na hora de viaxar. Queren animar xente a facer turismo de aventura y demostrar que é posible non renunciar á comodidade. O blog só comezou nunha épica viaxe de 18.000 km de estradas a través do Canadá e os Estados Unidos de América. Comezou como unhas simples notas nun caderno sobre canto gastaran, até onde viaxaban cada día e o que tiñan visto e experimentado.

Ademais é editor local para TravelDudes. Un sitio web onde os viaxeiros poden intercambiar a súa paixón e experiencias.