Descobre Vigo
A cidade máis poboada de Galicia con case 300,000 habitantes e 110 km2 de extensión experimentou nos últimos anos un espectacular crecemento de visitantes que encontran na beleza da ría, no seu patrimonio artístico-cultural, nas súas oportunidades de negocio e o seu talante aberto e negociador, na súa gastronomía e as súas infraestruturas todo un mundo ao seu servizo.
Vigo está ben comunicada grazas a unha completa rede formada polo seu porto atlántico, o seu aeroporto, as autoestradas e autovías e o ferrocarril que permiten unha oferta de transporte para todos os gustos e todos os destinos.
A cidade máis poboada de Galicia con case 300,000 habitantes e 110 km2 de extensión.Vigo é sobre todo, mar. Un mar cuxas augas inspiraron ao noso trobador medieval Martín Códax, que encontrou no vaivén das ondas o ritmo para as súas fermosas cantigas. Foi o azar o que quixo que sete séculos despois da súa composición, un libreiro chamado Vindel encontrase as cantigas nun pergameo facendo de forro dun exemplar de De Oficciis de Cicerón. Estas cancións contan unha fermosa historia de amor que se desenvolve na Ría de Vigo.
Os habitantes dos castros deixaron a súa pegada, os romanos da "Vicus Spacorum". E os piratas normandos, árabes, ingleses, holandeses e turcos...Sen dúbida, a súa benignidade climática, a fertilidade das súas terras e a súa situación xeográfica estratéxica favoreceron a presenza humana nesta zona dende tempos inmemorables. Os habitantes dos castros deixaron a súa pegada en 26 asentamentos catalogados; os romanos da "Vicus Spacorum", o nome do que logo derivaría o da cidade e as súas primeiras instalacións portuarias e os piratas normandos, árabes, ingleses, holandeses e turcos obrigáronnos a curtirnos nas artes da defensa. Artes das que nos servimos para expulsar ás tropas napoleónicas da cidade un 28 de Marzo de 1809 e que converteu a Vigo, en "leal e valorosa cidade", título cuxo bicentenario celebramos este ano, en nosa xa tradicional Festa da Reconquista.
A partir dese momento Vigo comeza unha etapa de expansión que chega ata os nosos días e que nos converteu no principal porto pesqueiro de España e un dos maiores do mundo. Arredor desa industria xorden estaleiros (Barreiras e Vulcano), conserveras (Bernardo Alfageme, Albo), así como todo tipo de empresas vinculadas co mar( Pescanova). O tecido industrial da cidade compleméntase con factorías como a de PSA - PEUGEOT na que traballan máis de 7000 persoas. O turismo, díese por uns envexables recursos naturais e culturais, e a ampla oferta empresarial,hotelera e hostaleira completan a base económica da cidade. Ademais, o Auditorio - Pazo de Congresos "Mar de Vigo" e o recinto feiral IFEVI, entre outros, converten cada ano a Vigo en punto de encontro de importantes eventos a nivel nacional e internacional, como a World Fishing Exhibition ou a Copa Internacional de Salto ( CSI).
O principal porto pesqueiro de España e un dos maiores do mundo.Se subimos ao parque do Castro un espazo verde en pleno centro, contemplaremos unha cidade onde se mestura o antigo co moderno. O casco histórico está cheo de prazas, cantos e canellas de antigos pavimentos pétreos, todo tipo de edificacións que abranguen dende a tipoloxía mariñeira ata a máis burguesa. No seu corazón encontrámonos co Templo de Santa María, cuxo interior alberga o Cristo de la Victoria, patrón da cidade. Moi preto, encóntrase a zona da Pedra coa súa atractiva oferta comercial e hostaleira.
Arredor da zona antiga esténdese o resto da cidade: Parques forestais, praias, xardíns, o miradoiro da nosa Señora da Guía, barrios de esencia mariñeira como os de Bouzas e o Berbés, sendeiros urbanos e zonas peonís se mesturan con edificios, empresas, centros comerciais, polideportivos, o Estadio de Fútbol do Real Club Celta e a extensa área portuaria. E todo isto coa impoñente Ría de Vigo e as Illas Cíes, parte do Parque Nacional, como fondo privilexiado.
O mar é historia, riqueza industrial, comercio, transporte pero tamén deporte e aventura.Na zona portuaria encóntrase o porto pesqueiro coas súas lonxas, estaleiros, peiraos de colectores e o porto de pasaxeiros, onde atracan decenas de cruceiros anualmente e dende o que parten moitos viaxeiros a outros lugares do mundo. O mar é historia, riqueza industrial, comercio, transporte pero tamén deporte e aventura. A Ría de Vigo reúne as mellores condicións para albergar un porto; as excelentes condicións naturais para o acceso e abrigo da navegación, a súa paisaxe e a súa tranquilidade conforman un lugar ideal para a práctica de actividades náuticas durante todo o ano. Por este motivo a Ria de Vigo foi elixida como punto de partida de eventos deportivos recoñecidos internacionalmente, como a Power Boat, a Volvo Ocean Race ou o Desafío Atlántico de Grandes Veleiros.
Vigo conta con numerosas praias ao longo da súa costa. Dende grandes areais como o de Samil ou o Vao ata pequenas calas de area fina e auga transparente. Aínda que se falamos de ámbitos paradisíacos e biodiversidade é imprescindible achegarse ata as Illas Cíes, arquipélago integrante do Parque Nacional Illas Atlánticas. Coñecidas como Illas dos Deuses na antigüidade, non é de estrañar que nelas se encontre a que xa se coñece como a mellor praia do mundo: Rodas.
Con este bagage non debe sorprendernos que Julio Verne quixese inmortalizar este ámbito único dándolle título a un capítulo do seu libro Veinte mil leguas de viaxe submarina "A Baía de Vigo".
Non debe sorprendernos que Julio Verne quixese inmortalizar este ámbito único dándolle título a un capítulo do seu libro Veinte mil leguas de viaxe submarina "A Baía de Vigo".O Capitán Nemo entra na nosa Ría para recuperar o ouro e a prata provenientes de América, que quedaron sepultadas baixo as augas tras a Batalla de Rande que enfrontou á frota franco-española coa anglo-holandesa en 1702.
A arte é etérea ata que unhas mans o concretan, o modelan e o crean. Dende as primeiras manifestacións arquitectónicas de dolmens e poboados castrenses pasando por igrexas románicas, as murallas que durarían máis de 200 anos e os baluartes defensivos da Laxe, San Sebastián e o Castro ata chegar ao esplendor da arquitectura ecléctica, modernista e racionalista onde a cantería do granito alcanza a súa máxima expresión e delicadeza con nomes como Antonio Palacios, Jenaro de la Fuente, Gómez Román Enrique Miralles ou César Portela. En canto arquitectura relixiosa merecen mención especial os templos de Santa María, o de Santiago de Vigo e a ermida da Guía.
Vigo alberga Museos de arte galega e arquelógico (Quiñóns de León, a Pinacoteca Municipal), contemporáneo (Marco), etnolóxico (Liste), do mar (Museo do Mar), da palabras (Verbum),... así como unha gran variedade de fundacións, centros culturais e salas de arte con exposicións permanentes e itinerantes.
Agustín Querol e o seu Monumento a Elduayen, a trintena de esculturas do vigués Camilo Nogueira, as obras alegóricas de Buciños, os grandes símbolos escultóricos da cidade: "o Sireno" de Francisco Leiro, o "Monumento ao Traballo" de Ramón Conde, os "Cabalos" de Juan Oliveira, a "Porta do Atlántico" de Silveiro Rivas ou os "Nadadores" de Francisco Leiro e os máis recentes, "Julio Verne" de José Molares ou o "Monumento aos cantores, poetas e trobadores da Ría de Vigo", de Xaime Quesada moldean a través das súas mans a riqueza escultural da cidade.
E para deixar un bo sabor de boca podemos sentarnos en calquera terraza a degustar a magnífica cociña viguesa. É obrigado achegarse á rúa das ostras a saborear estes deliciosos bivalvos cun bo Albariño ou un Ribeiro nun marco irrepetible. Pero tamén as carnes, froitos do campo e sobre todo os nosos inigualables mariscos e peixes, unidos aos viños galegos son un estalido de sabor para calquera padal. En Vigo, a tradición e a modernidade conviven e compleméntanse tanto en cociñas de autor coma nas tascas máis populares.
Guía | Guide | Guía | Guida | Guia | Reiseführer
Guía: Mar de Vigo. Ciudad de emociones.
Guide: Mar de Vigo. Une ville d'èmotions.
Guía: Mar de Vigo. Cidade de emocións.
Guide: Mar de Vigo. City of emotions.
Guida: Mar de Vigo. Città di emozioni.
Guia: Mar de Vigo. Uma cidade de emoçôes.
Reiseführer: Mar de Vigo. Stadt der Emotionen.