• Presentación
  • Blogger Trip
  • Contacto

Presentación



Tras o éxito das dúas primeiras edicións do Blogger Trip Vigo realizadas en setembro e outubro xa está posta en marcha a organización da terceira edición que terá lugar os próximos 17, 18 e 19 de decembro. Unha edición especial centrada na gastronomía, un dos factores decisivos polo que os turistas estranxeiros se deciden a visitar España.

Contaremos coa participación de cinco prestixiosos blogueiros de cociña e viaxes procedentes de España, Inglaterra e Portugal que van difundir a gastronomía local a través das últimas tecnoloxías alén das nosas fronteiras.

Durante estes días de estada na cidade, os blogueiros convidados terán a oportunidade de coñecer o gran atractivo e potencial turístico que Vigo ofrece así como saborear a excepcional gastronomía local.

Ademais martes 18 vai ter lugar unha xornada acerca do turismo gastronómico no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO). Un espazo de reflexión sobre como Internet é cada vez máis unha canle fundamental para a procura de destinos, restaurantes, receitas de cociña, etc. Estades todos convidados! Estamos desexando escoitarte.

Esta actividade é posible grazas ao convenio de colaboración subscrito entre o Instituto de Turismo de España (Turespaña), a Secretaria Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, o Concello de Vigo e a Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría da Provincia de Pontevedra.

¡¡Vigo alive!!

Contacto

Para calquera consulta póñase en contacto co enderezo de correo electrónico galicia@inforpress.es