Página 6 - Mar de Vigo

Versión de HTML Básico

Vigo alberga o 32% da poboación da provincia de Pontevedra e o
12% da poboación de Galicia.
Vigo roza os
300.000 habitantes
, aínda que, en realidade, cada
día viven, traballan e estudan na cidade case medio millón de
persoas. Ademais de ser a cidade máis poboada de Galicia, é
tamén a que rexistrou un maior fluxo migratorio ao longo da súa
historia. Polo porto de Vigo saíron no pasado centos de miles de
emigrantes cara América. Pero tamén decenas de miles quedaron,
fixeron súa a cidade e axudaron a construíla. É unha cidade moi
nova. A súa carta de cidadanía data do ano 1810 e o seu gran
desenvolvemento urbano e demográfico prodúcese no século XX,
cando se multiplica por vinte a súa poboación.
O municipio, de 110 km2, esténdese sobre unha orografía moi
accidentada, formada por unha coroa montañosa cuxos vales
rematan no mar. Vigo limita cos municipios de Redondela, Mos,
Porriño, Gondomar e Nigrán, alén de co mar, coa ría á que dá nome.
O Vigo que hoxe coñecemos agrupa no seu termo municipal os
antigos concellos de Bouzas e Lavadores, integrados no concello
vigués en 1904 e 1941, respectivamente.
Comeza a viaxe
Como chegar
TREN
AUTOBÚS
Chegar a Vigo é fácil e cómodo, independentemente do medio
de comunicación que escollamos.
www.renfe.es
902 240 202
A estación de autobuses (986 373 411) é o punto de orixe e
destino dun amplo abano de liñas nacionais e internacionais, así
como de liñas rexionais e de proximidade.
6