Página 7 - Mar de Vigo

Versión de HTML Básico

ESTRADA
A rede de autoestradas, autovías e estradas que conflúen en Vigo
fan que sexa doado chegar desde calquera punto da Península
Ibérica.
Desde o norte e o centro de España, o corredor máis rápido é o
que forman as autoestradas A6 e A52. Madrid, a 600 quilómetros,
encóntrase a cinco horas de viaxe e a fronteira francesa, por Irún,
a pouco máis de sete horas.
Estremadura e a Andalucía occidental, así como Portugal, teñen o
acceso máis rápido e cómodo na autoestrada que atravesa o país
veciño de Norte a Sur.
Vigo convértese nun punto estratéxico desde onde realizar
excursións ao resto de Galicia e ás cidades máis importantes
de Portugal. Nun radio dunha hora de viaxe en coche, podemos
chegar a Santiago, Ourense e Porto. En menos de tres horas, temos
ao noso alcance toda Galicia e, a catro horas, Lisboa.
O aeroporto de Peinador (986 268 200) é o punto de entrada
e saída de numerosos voos, que conectan coas principais cidades
españolas e enlazan con aeroportos de todo o mundo.
AVIÓN
7