Página 5 - Mar de Vigo

Versión de HTML Básico

Vigo
é, sobre todo, mar. Ao mar debe a súa historia, marcada por gregos,
fenicios, romanos, normandos... por todos os pobos que chegaron a
estas costas. O mar proporcionou a riqueza coa que se levantou a
industria e a cidade. Omar nutre o máis esencial da súa gastronomía.
O mar modelou o seu medio. O mar é comercio e transporte. O
mar é deporte e aventura. O mar é en Vigo un agromar de linguas,
de razas, de culturas, que conviven nunha cidade cosmopolita que
o mar achega a calquera continente, a calquera porto do mundo,
dende Nova York ata a Cidade do Cabo ou de Yokohama a Odessa.
Para os vigueses o mar é o seu principal sinal de identidade.
É a vida...
5