Página 28 - Mar de Vigo

Versión de HTML Básico

BOUZAS,
ESENCIA MARIÑEIRA
Bouzas era unha pequena
vila con concello indepen-
dente que foi anexada a
Vigo hai cen anos. Hoxe
en día, presume de ter
conservado as súas esencias
e tradicións.
O porto e os estaleiros
constituíron o motor da
súa economía. Bouzas é
actualmente outro dos
centros de Vigo e aínda
conserva as súas tabernas
e os seus recunchos con
encanto, moitos deles co
mar como protagonista e a navegación tradicional como atractivo.
A súa zona histórica posúe boas mostras da arquitectura de estilo
mariñeiro e calquera mañá de domingo podemos ter a sensación
de trasladarnos a un tempo pasado na súa alameda e no seu paseo,
onde se celebra un animado mercado popular.
*No plano, zona C-4
28