No terceiro domingo de xullo podemos gozar das súas famosas
festas, cos seus fogos de artificio e todo o esplendor da
gastronomía mariñeira. Esta romaría celébrase na honra do
Santísimo Cristo dos Aflixidos e foi declarada de interese turístico
de Galicia. O luns seguinte, homenaxéase á Virxe do Carme, patroa
dos mariñeiros, e a San Telmo, que na tradición galega máis antiga
era o santo protector das xentes do mar. Sitúase aquí tamén o
milagre xacobeo do «Cabaleiro das cunchas», que presenta a vieira
como símbolo da peregrinación a Santiago.
Desde Bouzas e cara á bocana da Ría, ábrese o grande areal de
Vigo, que comeza ao pé mesmo do adro de San Miguel e remata
en Saiáns, nunha sucesión de fermosas praias de finísima area
branca.
29