No seu interior encóntrase o Pazo Museo Quiñones de León.
Construído na segunda metade do século XVII, é un dos mellores
exemplos da arquitectura palaciana galega. Está aberto ao público e
pertence á cidade de Vigo grazas á doazón realizada en 1925 polo
último Marqués de Alcedo (1858-1936). Nas súas estanzas evócase
o esplendor da vida no pazo e nelas pódese descubrir a riqueza do
enxoval doméstico e a valiosa colección de porcelana de Sargadelos.
Os contidos museográficos abranguen o pasadomáis remoto da cidade,
coa súa sala de arqueoloxía, e tamén a máis grande e importante
colección de pintura galega de todos os tempos, ben como outros
excelentes fondos artísticos pertencentes ao legado de Policarpo
Sanz e ao Museo do Prado. Os xardíns conservan a súa pegada señorial.
Os antigos propietarios gozaban do xardín francés, tomaban o té no
inglés e paseaban polo roseiral baixo o sol do inverno.
Parque de Castrelos
27