Página 25 - Mar de Vigo

Versión de HTML Básico

un auténtico sentido humano, pois foron construídos polos seus
propios habitantes para vivir coas súas familias hai uns dous mil
anos. (Visita guiada gratuíta).
O monumento a Martín Códax lembra o trobador medieval que
converteu o mar de Vigo en poesía empregando a antiga lingua
galego-portuguesa.
A coroa deste monte está presidida pola única fortaleza que
permanece íntegra das que formaron o sistema defensivo de Vigo
desde o século XVII ata o XIX.
O Castro está circundado pola avenida das Camelias, a rúa
Venezuela e a Gran Vía. Entre estas dúas últimas encóntrase un
barrio próspero que se foi poboando a partir dos anos cincuenta.
O centro comercial Praza Elíptica e uns grandes almacéns dan boa
mostra do dinamismo da zona.
O grupo escultórico Os Cabalos, de Juan Oliveira, indícanos que
chegamos á Praza de España e recorda as mandas de cabalos
salvaxes que aínda non hai moito vivían nas abas do Castro. Igual
que as que hoxe pacen libres no Monte Galiñeiro, xunto á Cidade
Universitaria.
25