O CASTRO,
A ATALAIA SOBRE A CIDADE
O primeiro miradoiro desde o que se dominan a cidade e a súa baía
é o monte do Castro. A praza do Rei é un bo punto de partida para
iniciar o ascenso. Ao seu carón aínda existe un fragmento da muralla
defensiva e da fortaleza de San Sebastián.
O Castro posúe un xardín en costa, cunha frondosa colección de
especies arbóreas. Non é o seu único atractivo: unha sucesión de
miradoiros en forma de terrazas permiten contemplar a cidade
e a súa ría a vista de paxaro. Algúns deles posúen elementos
decorativos que recordan fitos da historia viguesa: o monumento
das áncoras conmemora a batalla naval de Rande de 1702, na que
os galeóns cargados con ouro e prata traídos de América sufriron
o ataque anglo-holandés e afundiron nas profundidades da Ría.
Xurdiu así a lenda que aínda atrae buscadores de tesouros de todo
o mundo. As áncoras e os canóns que adornan o monumento foron
rescatados do naufraxio nun dos intentos de dar co tesouro.
O Castro, poboado probablemente celta, fálanos dos devanceiros
de Vigo e remóntanos ata a fronteira entre a prehistoria e a historia
antiga. Con base na información proporcionada polo xacemento
e por outros castros similares, reproducíronse tres construcións
que ilustran o momento inicial da ocupación romana. Perante
estas réplicas, levantadas ata o tellado, os muros orixinais parecen
pequenos e insignificantes, pero son este últimos os que posúen
*No plano, zona E-3
24