Página 44 - Mar de Vigo

Versión de HTML Básico

CASA DAS ARTES
CASA GALEGA DA CULTURA
As salas da Casa das Artes acollen mostras temporais dedicadas a
todas as artes plásticas e á divulgación científica e histórica. Oedificio
é a sede do Arquivo Fotográfico Pacheco, a principal colección
de fotografía histórica da cidade, e mostra permanentemente as
excelentes coleccións pictóricas de Laxeiro e Torras.
Enderezo:
Policarpo Sanz, 15
Teléfono:
986 439 525 / 986 438 446
Fax:
986 437 713
Correo electrónico:
ofi.cultura@vigo.org
Horario:
Luns a venres de 18.00 a 21.30 h; sábados de 11.00 a 14.00 h e de
18.00 a 21.30 h; domingos e festivos de 11.00 a 14.00 h
Acceso libre e gratuíto
A Casa Galega da Cultura ofrece mostras temporais de carácter
artístico e de divulgación científica e social, alén de programar
actividades literarias e culturais. Ademais é a sede doMuseo Francisco
Fernández del Riego e da Biblioteca Penzol, a máis importante de
cantas existen sobre temas galegos, que ofrece a estudosos de todo
o mundo as grandes obras da lingua e cultura propias de Galicia.
Enderezo:
Praza da Princesa, 2
Teléfonos:
986 226 459 / 986 220 922
Fax:
986 229 081
Correo electrónico:
casagalegacultura@vigo.org
Horarios:
Inverno: luns a venres de 9.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h; verán: (16
de xuño ao 15 de setembro) de luns a venres de 9.00 a 14.00 h.
Horario da sala de exposicións e do museo: Luns a venres de 18.00 a 21.30 h.
Visitas de grupo previa cita.
44